eBook A ponte das poldras, Pato Chus
Ebook

A PONTE DAS POLDRAS 

por el autor   Pato Chus


(0) Votos
    
(26) Vistos
    
(0) Comentarios
    
(0) Me gusta 

ISBN: 9788498659474
Tema: Literatura - Literatura
Editorial: GALAXIA
Fecha publicación: 2006
Páginas: 56
Idioma: Español
Formato electrónico:  PDF  (186KB)

Formato Precio Comprar
eBook US$ 7.89
Valoraciones usuarios
5 estrellas
(0)
4 estrellas
(0)
3 estrellas
(0)
2 estrellas
(0)
1 estrella
(0)

Reseña

Con A ponte das poldras incórporase á colección Dombate, que Galaxia dedica á poesía, unhas das autoras que máis traballa por facer da literatura un espazo textual e aberto: Chus Pato

A sintaxe da utopía.

Chus Pato fai da experiencia literaria unha paixón vital, unha experiencia de linguaxe que racha límites e axuda a elaborar o que a poeta chama a sintaxe da utopía.

Coa finalidade de achegar a lectoras e lectores poemarios de difícil acceso ou esgotados, pero fundamentais para comprender a poesía contemporánea, Galaxia recupera títulos coma este, editado por vez primeira no ano 1996 e agora publicado nunha nova edición revisada pola autora.

A poesía de Chus Pato ábrese a distintas realidades, explora territorios incómodos e, en A ponte das poldras, o poema traslada a lectoras e lectores a un espazo de emancipación, desde onde a poeta revisa a historia. En palabras da crítica literaria Iris Cochón, é unha obra que recupera o silenciado e inscribe o utópico. A literatura arrequéntase coa plenitude derivada da imaxinación, da independencia persoal e comunitaria, dela xorde unha nova percepción e, pois que o mundo é linguaxe, tamén un mundo novo.

Tu opinión sobre este libro es importante: