eBook Laura no deserto, Anton Riveiro Coello
Ebook

LAURA NO DESERTO 

por el autor   Anton Riveiro Coello


(0) Votos
    
(60) Vistos
    
(0) Comentarios
    
(0) Me gusta 

ISBN: 9788498658705
Tema: Literatura - Literatura
Editorial: PILAR ANA TOLOSANA ARTOLA
Fecha publicación: 2012
Páginas: 732
Idioma: Español
Formato electrónico:  EPUB  (1.43MB)

Formato Precio Comprar
eBook US$ 11.56
Valoraciones usuarios
5 estrellas
(0)
4 estrellas
(0)
3 estrellas
(0)
2 estrellas
(0)
1 estrella
(0)

Reseña

Compostela, Barcelona, Europa durante a Segunda Guerra Mundial, Nova York a fins do século XX, son os escenarios dunha obra narrativa que ergue un sólido universo e entra na alma dos personaxes para nos falar cunha voz intensa sobre a identidade, a culpa, o amor ou a liberdade. A nova novela de Riveiro Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa trama por Compostela, Nova York e a Pobra do Caramiñal. O autor de As rulas de Bakunin consegue artellar unha novela na que aventura vital, epopea social e interese narrativo se xuntan. As historias de Diana, que na Barcelona de 1982 atopa unha carta onde se descobre un pasado familiar ata daquela agochado; a dos últimos días da vida dun intelectual en Compostela, que lega ao seu fillo un enigma aínda non resolto; os intentos de Bob, un fotógrafo retirado de Brooklyn, por salvar a Bernie, un amigo que probou o suicidio, e a historia do destino ignoto dunha muller que se debate por conservar os últimos gromos da memoria. Velaquí unha trama na que a resolución das liñas narrativas lle pide tamén ao lector ou lectora un posicionamento perante o narrado que o ha implicar ineludiblemente na novela. Escrita co característico estilo preciso e envolvente de Riveiro Coello, Laura no deserto é unha das grandes achegas narrativas da novela galega contemporánea.


Otros libros del autor

Tu opinión sobre este libro es importante: